Recollen reclamacións para dotar Alfoz e O Valadouro dun servizo de pediatría

A plataforma ubicará este martes a súa unidade móbil no ambulatorio alfocego

A plataforma, recollendo reclamacións no centro de saúde de Barreiros. AXM

A Plataforma na Defensa da Sanidade Pública da Mariña ubicará este martes a unidade móbil de axuda coas reclamacións á entrada do centro de saúde de Alfoz. Farao de 11.00 a 13.00 horas.

O colectivo reclamará de xeito colectivo a dotación dun servizo de pediatría para os concellos de Alfoz e O Valadouro. A plataforma sinala que se trata “dunha reivindicación histórica da veciñanza destes dous municipios, cuxos veciños vense na obriga de desprazarse a Foz, onde a pediatra ten redución de xornada non substituída, cando precisan atención“.

ASESORAMENTO

Como habitualmente, a unidade móbil da plataforma informará a usuarios e profesionais de todo o que precisen en materia de tempos de agarda, derivacións e outras dúbidas que teñan. Tamén prestarán axuda na redacción e presentación polo rexistro de reclamacións.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here