IniciosociedadeRibadeo executa unha limpeza subsidiaria dunha finca "insalubre" da vila

Ribadeo executa unha limpeza subsidiaria dunha finca “insalubre” da vila

A parcela está situada entre as rúas Deputación e Recarey, e o alcalde pasará o custo dos traballos ao propietario

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Ribadeo procedeu á limpeza dunha finca situada na intersección das rúas Deputación e Recarey. O alcalde, o nacionalista Fernando Suárez Barcia, explicou que se trata dunha execución subsidiaria, debido ao “lamentable estado que presentaba e diante da falla de actuación por parte dos seus propietarios”.

O rexedor declarou que “acabamos de facer unha limpeza coa brigada de medio ambiente do Concello, a través dunha execución subsidiaria, dado que esta parcela atopábase nunha situación lamentable desde o punto de vista da salubridade e de ornato público”.

Suárez Barcia comentou que “é unha parcela particular que, no seu momento en reiteradas ocasións, fomos advertindo aos seus propietarios de que isto non podía ser así. Finalmente diante da súa falta de actuación, decidimos executar unha nova acción subsidiaria”.

CUSTO

O alcalde ribadense engadiu que “agora o custo de todos estes traballos, xunto coas sancións que teñen acumuladas, intentaráselles pasar por vía de constrinximento e se non o satisfan no prazo que a lei establece, iniciaremos un procedemento de apremio sobre o patrimonio, sobre esa propiedade, tal e como estivemos facendo con outras”.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...