IniciosociedadeO goberno de Viveiro reclama máis investimento no arranxo da estrada Landrove-Ferreira

O goberno de Viveiro reclama máis investimento no arranxo da estrada Landrove-Ferreira

A alcaldesa considera que a Xunta, que anunciou un proxecto de mellora do firme, "ten medios suficientes" para "ensanchar a vía e dotala de beirarrúas"

Publicada o

- Advertisement -

A alcaldesa de Viveiro, María Loureiro, esixiu “un arranxo integral” da estrada LU-161, que conecta a localidade viveirense de Landrove con Ferreira do Valadouro, tralo anuncio da Xunta de Galicia de que investirá “este ano” 443.000 euros en acondicionar a vía

A rexedora considera que as medidas proxectadas polo Goberno galego “non chegan, son un parche e un lavado de imaxe de cara ás vindeiras eleccións municipais”. Loureiro afirma que é preciso “ensanchar as vías para facelas máis seguras, dotalas de beiravías, repintar a sinalización e limpar as cunetas”, para o que o Executivo autonómico “ten medios suficientes“, asegura.

EMENDA AOS ORZAMENTOS

A alcaldesa viveirense critica que o Goberno galego “rexeitara unha emenda presentada polos socialistas aos orzamentos de 2019, na que se recollía unha partida de 800.000 euros para a mellora da LU-161. Agora, dous meses despois, informan de que farán obras este ano”, lamenta.  

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...