Agardas “dun mes” para nenos con febre en Xove, denuncia a plataforma, que recollerá reclamacións

O colectivo ubicará a súa unidade móbil o 6 de marzo no centro de saúde, onde o Sergas non substitúe á pediatra

Centro de saúde de Xove. GOOGLE MAPS

A Plataforma na Defensa da Sanidade Pública da Mariña ubicará a súa unidade móbil de axuda coas reclamacións o mércores 6 de marzo en Xove, de 11.00 a 13.00 horas. O colectivo, que sitúa nun mes as agardas para consultas de pediatría neste centro de saúde, reclama ao Servizo Galego de Saúde (Sergas) que substitúa á pediatra do centro de saúde. 

Tal e como denunciou un concelleiro do BNG, a responsable do servizo de pediatría de Xove e Cervo colleu vacacións ate o 20 de marzo sen que o Sergas a substitúa “máis có martes a partir das 12.00 horas. Neste período de tempo atenderá revisións de crianzas sás e seis consultas a demanda”, lamenta a plataforma.

DOUS FESTIVOS

O colectivo sinala que “tendo en conta que neste período de tempo dous martes son festivos, a atención desta profesional limitarase a dous martes. Deste xeito, a atención pediátrica destes concellos estará practicamente ausente, e obrigará a nais e pais a desprazarse ao centro de saúde de Burela para as urxencias“, expón. 

A plataforma sanitaria da Mariña faise eco “das queixas de veciñas e veciños dos concellos de Cervo e Xove, que ficaron estupefactos ao levar ás súas crianzas ao centro de saúde con febre e foron citados para dentro dun mes“, unha situación que califica de “vergoñenta“. 

CRÍTICAS AO GOBERNO LOCAL

O colectivo aféalle ao alcalde de Xove, o popular Demetrio Salgueiro, que “nin sequera levase ao pleno” a moción da plataforma para defender un servizo de pediatría “de calidade” na Mariña Lucense, unha iniciativa aprobada en varios municipios da comarca.

“Parece que para el non é prioritario que as crianzas dispoñan dun especialista a tempo completo“, sostén. 

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here