A Mariña estará este luns en alerta laranxa por temporal costeiro

A bisbarra ficará en aviso amarelo por fortes ventos do sudoeste

Temporal costeiro. EFE

A costa das provincias de Lugo, A Coruña e Pontevedra continuará este luns en alerta laranxa por ondas que poderían superar os cinco metros ata media tarde, e con aviso amarelo por fortes ventos na Mariña Lucense.

Segundo recolle a predición de Meteogalicia, ata media tarde, as ondas situaranse entre os cinco e os sete metros, con ventos do mar de suroeste que oscilarán entre forza 7 e 8.

CHOIVAS OCASIONAIS

Non se descartan algunhas choivas ocasionais en Galicia, e mesmo en puntos dispersos da meseta norte, durante a mañá. Podes consultar a información completa no Galicia Confidencial.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here