IniciosociedadeCC OO e UXT premian a Melchor Roel e a Rogelia Mariña

CC OO e UXT premian a Melchor Roel e a Rogelia Mariña

As centrais recoñecen ao que fora alcalde de Viveiro, finado en 2013, e á ex presidenta do comité de empresa de Sargadelos como exemplos de traballo sindical

Publicada o

- Advertisement -

Os sindicatos Comisións Obreiras (CC OO) e Unión Xeral de Traballadores (UXT) recoñeceron a Melchor Roel e Rogelia Mariña, respectivamente, cos seus premios ‘10 de marzo‘ e ‘8 de marzo‘.

CC OO concede o premio 10 de marzo para reivindicar a figura daquelas persoas que levasen a cabo unha importante labor sindical, con motivo do cabodano do asasinato de Amador Rey e Daniel Niebla, sindicalistas da empresa Bazán abatidos pola ditadura franquista no 1972. Desde entón, a data celebra o Día da Clase Traballadora Galega.

“COMPROMISO”

Nun comunicado, CC OO subliña o “compromiso social e político” de Roel, que o levou ao cárcere no Uruguai con 18 anos. Sería deportado pola ditadura no 1975.

O sindicato expón que quen fora alcalde socialista de Viveiro entre 2003 e 2013, ano do seu falecemento, “fixo unha tarefa salientable a prol da articulación do Partido Comunista“.

Con 24 anos, Roel foi delegado no congreso fundacional do sindicato en Galicia, no 1978, e resultou elixido membro da primeira Comisión Executiva Nacional de CC OO. Tensi Álvarez e Xan López Facal tamén serán homenaxeados.

CONFLITO EN CERVO

Pola súa banda, a UXT celebra o Día Internacional da Muller cun recoñecemento a Rogelia Mariña, revogada polas súas compañeiras da fábrica de Sargadelos en Cervo despois de que o accionista maioritario, Segismundo García, a sinalase o pasado verán por exercer unha “presión sindical excesiva” e executase varios despedimentos.

“ATAQUE Á LIBERDADE SINDICAL”

O despedimento da traballadora en 2016 foi recentemente ratificado como nulo polo Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG). A UXT resalta no seu comunicado que Mariña, distinguida xunto a Paloma Vaquero e a Sección Sindical do Centro Cometa, foi “vítima dun dos ataques máis descarados á liberdade sindical dos últimos anos, pero mantívose firme”.

Segundo afirmou a UXT Galicia, Sargadelos non deu permiso a Mariña para recoller o premio en Madrid.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...