IniciosociedadeSuárez Barcia: "Os Irmandiños suxire que nos surtamos noutro lado para contaminar...

Suárez Barcia: “Os Irmandiños suxire que nos surtamos noutro lado para contaminar o río a cano libre”

O alcalde de Ribadeo acusa á cooperativa de "botar balóns fóra" sobre os problemas na traída e ao PP ribadense de "lavarlle a cara" á Xunta

Publicada o

- Advertisement -

O alcalde de Ribadeo rexeita calquera responsabilidade do concello en relación co vertido de lixiviados que afectou a auga da traída da localidade o luns e o martes da pasada semana.

Fernando Suárez Barcia, que achacou o “forte cheiro” aos residuos ao centro de alimentación que a Cooperativa Os Irmandiños ten en Vilamartín Pequeno, no concello de Barreiros, saíu ao paso das críticas recibidas tanto desde a sociedade, que negou a responsabilidade, como do Partido Popular, que acusou ao concello de non poñer solucións aos reiterados problemas na traída.

O nacionalista explicou que o concello súrtese no encoro de Lexoso “desde hai 60 anos” e sostivo que “os vertidos comezaron a producirse coa instalación do centro de fermentación de forraxes” preto cauce do Río Grande, que conduce ao embalse.

Fernando Suárez mantén que o “concello se surte do encoro de Lexoso desde hai 60 anos”

Suárez Barcia acusou á cooperativa de “botar balóns fóra” por sinalar que o lugar de captación da auga, nunha conca gandeira, “non é o mais axeitado”.

“Están suxerindo que deberamos buscarnos a vida para surtir a auga doutro lugar. Supoño que sería así para que xa houbese patente de corso para que se puidera contaminar o río a cano libre”, reprochou.

DENUNCIA ANTE A FISCALÍA

O rexedor tamén respondeu ao Partido Popular ribadense ao que cuestionou por “querer lavar a cara” á Consellería de Medio Ambiente e a Augas de Galicia. Nese senso, recordou os “requerimentos” realizados ante as institucións para solucionar un problema que, lembrou, levou ao Concello a presentar unha denuncia ante a fiscalía en 2017.

O concello acusa a Cooperativa Os Irmandiños de eludir a súa responsabilidade

O alcalde sostivo que os populares se “lavan as mans” despois de catro anos “poñéndose de lado” e de manifestarse publicamente agora que “a zona pasou a pertencer á Confederación Hidrográfica do Cantábrico“.

Con todo, apuntou “hai sitio para todos, uns para producir e outros para captar auga que serva de abastecemento para o consumo humano. Só queremos ter o dereito lexítimo, legal e medioambiental a ter unha auga de calidade desta captación de Lexoso”, concluíu.

O “forte cheiro” detectado na auga non supuxo ningunha restrición para o consumo, posto que se mantiveron os parámetros legais de potabilidade.

RECOLLIDA DE PLÁSTICOS

Por outra banda, o concello anunciou que o vindeiro 11 de marzo comezará a recollida de plásticos agrícolas porta a porta.

As persoas interesadas no servizo teñen que solicitalo nas dependencias do concello ou a través do teléfono 982.12.07.01 antes do venres 8 de marzo.

Desde o consistorio, solicitan que os materiais se deixen nun lugar accesible para o camión de recollida. Prestará o servizo a empresa Soluciones Integrales para el Medio Ambiente, S. L.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...