A Xunta pide precaución este mércores na Mariña ante ventos de 100 qm/h

Activouse a alerta laranxa por fortes refachos de aire e por temporal costeiro

A Xunta advertiu de ventos na Mariña que alcanzarán os 100 quilómetros por hora. AXM

A Dirección Xeral de Emerxencias e Interior da Vicepresidencia da Xunta de Galicia activou a alerta laranxa por ventos na Mariña Lucense e na noroeste da provincia da Coruña.

Segundo informa a Axencia Estatal de Meteoroloxía (Aemet), a partir das 11.00 horas deste mércores agárdanse ventos con refachos que poden acadar os 100 quilómetros por hora na costa de Lugo e no noroeste da provincia da Coruña.

Tamén se activou na bisbarra o aviso laranxa por temporal costeiro. O prognóstico é de vento do Oeste ou Noroeste, forza 8, con mar combinada do Oeste, con ondas de cinco metros.

PARTE DA FROTA, AMARRADA

Prevese que o fenómeno meteorolóxico adverso comece ás 15.00 horas, con remate nas derradeiras horas da tarde. Na Mariña, só parte dos barcos saíron a faenar, como os da confraría de Burela.

MÁIS DE 200 INCIDENCIAS

O Centro Integrado de Atención ás Emerxencias (CIAE) 112 Galicia vén de rexistrar, desde as 13.00 horas do pasado luns ata as 07.00 horas do martes, un total de 207 incidencias relacionadas coa meteoroloxía adversa que está a afectar a Galicia.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here