O PP insta ao Concello a que quite do Fondo de Cooperación Local para arranxar o Pepe Barrera

Os populares reiteran a cantidade ofrecida pola Xunta para 2019, 46.000 euros, e pedirán á Deputación que concrete un orzamento para as actuacións

Partido do Ribadeo-Pontenova no Pepe Barrera. AXM

O Partido Popular (PP) esixirá á Deputación de Lugo que garanta unha partida para o arranxo do campo de fútbol Pepe Barrera de Ribadeo, e ao Concello que utilice o Fondo de Cooperación Local para custear o proxecto de renovación da instalación.

O candidato dos populares á alcaldía ribadense, Daniel Vega, explicou a representantes das dúas entidades que usan o estadio –Ribadeo FC e SD Ribadeo-, que a Xunta de Galicia concretou unha partida de 46.000 euros para a mellora do campo neste 2019.

O alcaldable dos conservadores lembra que Ribadeo conta con 425.000 euros procedentes do Fondo de Cooperación Local, que depende do Goberno galego, e insta ao Concello “a que invista no campo de fútbol”.

O anuncio dos populares enmárcase nunha polémica entre o Concello e a Xunta de Galicia, despois de que o goberno local pedise 175.000 euros ao Executivo autonómico e outros tantos ao entre provincial para financiar un proxecto de remodelación do campo que inclúe a substitución do firme por outro novo, o cambio do céspede e alumeado e novos sistemas de drenaxe e rego.

A cantidade reservada pola Xunta é similar -neste caso de 50.000 euros– á que incluíu nos orzamentos de 2019 o goberno local, que non obstante pediu axuda ás administracións para executar unha obra de altura, con arredor de 400.000 euros de presuposto.

O CONCELLO “NON INVESTIU UN EURO”

Vega asegura que “durante doce anos, o Concello non investiu nin un euro nese campo de fútbol. Polo tanto non serve enviar cartas que non sabemos cal é o destino, non serven os discursos, hai que concretar orzamento”.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here