IniciosociedadeA Fiscalía tamén recorre a sentenza que absolve ao alcalde de Barreiros...

A Fiscalía tamén recorre a sentenza que absolve ao alcalde de Barreiros de prevaricación urbanística

O Ministerio Fiscal considera que "non se valoraron axeitadamente" os informes favorables da arquitecta municipal, tamén procesada e absolta

Publicada o

- Advertisement -

EFE. A Fiscalía de Lugo confirmou que interpuxo recurso de apelación ante a Audiencia Provincial contra a sentenza do xulgado do penal número 2 que asbolveu do delito de prevaricación urbanística ao alcalde de Barreiros, Alfonso Fuente Parga, a cinco edís do goberno local de 2006 e á arquitecta municipal.

No recurso sobre a concesión de 44 licenzas para a construción dunhas 3.000 vivendas nese municipio, a Fiscalía considera que “non se valoraron axeitadamente as probas practicadas, especialmente os informes favorables dos proxectos asinados pola arquitecta municipal, tamén procesada, que constitúen a base fundamental da acusación”.

Ademais, entende que na sentenza hai “omisión” da avaliación doutros informes dun inxeñeiro e de técnicos da Xunta de Galicia que acreditan a “insuficiencia de servizos” para a urbanización no momento da concesión das licenzas. Deste xeito, a Fiscalía solicita a nulidade do fallo.

ADEGA

O recurso de apelación interposto pola Fiscalía sumarase ao recurso presentado pola Asociación na Defensa Ecolóxica de Galicia (Adega), que exerceu a acusación particular.

A agrupación ecoloxista considera tamén que o xuíz “non apreciou correctamente a proba de que as licenzas presuntamente ilegais foron concedidas para un solo que non reunía a cualificación urbanística precisa”.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...