Recollen reclamacións en San Cibrao, onde hai agardas “dun mes” para pediatría

A plataforma sanitaria compilará sinaturas no centro de saúde sancibrense para que se supla á profesional que atende tamén en Cervo

Centro de saúde de San Cibrao. GOOGLE MAPS

A Plataforma na Defensa da Sanidade Pública da Mariña ubicará este martes a súa unidade móbil de axuda coas reclamacións ao centro de saúde de San Cibrao para denunciar a “situación de emerxencia” pola falta de pediatra

O colectivo expón que non se substituíu á especialista que atende aos ambulatorios de Cervo e San Cibrao, o que está a provocar “demoras nas citacións dun mes” para quenes pediron cita nos primeiros días de vacacións da facultativa, ou a obriga de desprazarse ata Burela.

A plataforma sanitaria lembra que esta última alternativa supón “a saturación da profesional que exerce nesta localidade”, e subliña que no Hospital Público da Mariña as crianzas “non serán vistas por un pediatra en primeira instancia”.

SUBSTITUCIÓN ESTABLE

Así, de 11.00 a 13.00 horas, a agrupación realizará “reclamacións colectivas en demanda da substitución estable, continuada e desde o primeiro día no que a pediatra colla un permiso, baixa ou días vacacións”.

A maiores, ofrecerase asesoramento para redactar reclamacións por calquera outro asunto en relación con agardas excesivas e derivacións innecesarias.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here