IniciosociedadeO BNG propón a creación dun circuíto multideporte no parque Pernas Peón

O BNG propón a creación dun circuíto multideporte no parque Pernas Peón

Os nacionalistas convocan un acto reivindicativo o vindeiro sábado para esixir que a veciñanza "sexa partícipe" na recuperación do espazo

Publicada o

- Advertisement -

O Bloque Nacionalista Galego (BNG) de Viveiro celebrará o vindeiro sábado unha concentración para demandar a creación dun circuíto multideporte no Parque Pernas Peón de Covas.

O lema da reivindicación, prevista para as 12.30 horas nese mesmo lugar, é “por un parque humanizado e con entidade propia”. 

Segundo expón o partido frontista nun comunicado, o acto servirá para “demandar ao Concello que faga partícipe á veciñanza do proxecto de recuperación do espazo, e para reclamar a creación dun circuíto multideporte ao redor da zona perimetral do mesmo”.

MÁIS DE CEN ÁRBORES TALADAS

A situación do parque xerou polémica na pasada primavera, cando o Concello talou máis de cen árbores entre piñeiros e eucaliptos, case 80 máis dos previstos por unha praga de procesionaria.

O edil de medio ambiente, Jesús Fernández Cal, aludiu a razóns de seguridade para xustificar a tala, pois a enfermidade das árbores supuña “un perigo” para os veciños.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...