Viveiro festexará o centenario do Teatro Pastor Díaz

O Concello prepara un acto de homenaxe á instalación, rematada de construír no 1919 e rehabilitada entre 1993 e 2001

O teatro, nunha homenaxe a Maruja Mallo. AXM

O Concello de Viveiro organizará un acto para festexar que o Teatro Pastor Díaz cumpre cen anos.

Trátase “dunha efeméride da que nos sentimos fondamente orgullosos, polo que queremos impulsar un evento que sirva para conmemorar e poñer en valor tan importante aniversario, que será anunciado proximamente”, explicou a edil de cultura, Lara Fernández-Noriega.

Construído entre 1918 e 1919 a iniciativa particular de Nemesio Barreiro Casal, pasou por varios propietarios ata que foi adquirido polo Concello en decembro do 1988. Estivo pechado oito anos ata a súa rehabilitación, cun custo de 200 millóns de pesetas. Foi reinaugurado en 2001.

Proxectado por Mario Páez Suárez, na parte alta do escenario ten gravados os rostros de Rosalía de Castro e de Pastor Díaz, obras de Sandra Escohotado Gil e Fernando Cano Vidal.

CENTRO DA VIDA CULTURAL

Trala súa rehabilitación, o teatro reincorporouse á vida social de Viveiro, de xeito que é onde se realizan a maioría das actividades culturais do Concello e tamén as organizadas polo tecido asociativo.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here