IniciosociedadeO PP de Ribadeo di que os clubs deportivos levan "desde 2015"...

O PP de Ribadeo di que os clubs deportivos levan “desde 2015” sen cobrar as axudas municipais

Publicada o

- Advertisement -

O PP de Ribadeo asegura que os clubs deportivos locais “levan sen cobrar as axudas municipais desde o ano 2015”.

O candidato dos populares á alcaldía de Ribadeo, Daniel Vega, afirma que “isto é un exemplo da falta de compromiso co deporte local do nacionalista Fernando Suárez Barcia e polo tanto ninguén cre a súa promesa electoral de arranxar agora o campo de fútbol municipal”.

Vega pregúntase “por que en doce anos non se arranxou o Pepe Barrera” e insiste en que o Concello, que reservou unha partida orzamentaria de 420.000 euros á espera de cobrar axudas da Xunta de Galicia e da Deputación, use o Fondo de Cooperación Local.

Crer no deporte ribadense é apostar por arranxar o campo de fútbol é dicir si a 425.000 euros que lle aporta a Xunta de Galicia ao Concello de Ribadeo. E crer nos deportistas ribadenses é firmar xa ese convenio de 46.256 euros para os equipos de fútbol e que se invistan onde eles estimen oportuno”, expón.

“PROMESA BALEIRA”

Vega acusa a Concello, BNG e PSOE de retrasar o arranxo do campo. “O PP presentou mocións nos últimos catro anos, pero Suárez Barcia votaba que non. Foi o mesmo no pleno da Deputación. E agora, tres meses antes das eleccións, prometen arranxar o campo de fútbol. Pero non vai dar tempo e polo tanto son promesas baleiras, que non se van concretar”, afirma.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...