A rúa San Roque de Ribadeo, aberta ao tráfico rodado tras acabar a súa remodelación

O Concello anuncia o remate das obras de humanización do vieiro, cun custo de 450.000 euros

Rúa San Roque. AXM
O Concello de Ribadeo abriu ao tráfico rodado a rúa San Roque, no treito entre as vías Vilalba e Picarolas.

DÚAS FASES

Rematou así a segunda das fases de reforma do vieiro ribadense, pechando un proxecto no que o investimento total alcanzou os 450.000 euros. O primeiro treito foi executado en 2018 e rematou en xullo, mentres que o segundo comezou en outubro e concluíu días atrás.
O alcalde de Ribadeo, Fernando Suárez Barcia, pide disculpas polas molestias que se puideron ocasionar para realizar estes traballos “pero facendo obras sempre se molesta a uns e outros”.

HUMANIZACIÓN

O proxecto serviu para humanizar a rúa, que volverá ser un paseo emblemático de Ribadeo, con edificios indianos a ambos lados da estrada. Malia perder unhas 50 prazas de aparcamento, o goberno local quixo deste xeito favorecer os peóns e potenciar o comercio local.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here