IniciosociedadeRibadeo recibe a autorización da Xunta para abrir a residencia

Ribadeo recibe a autorización da Xunta para abrir a residencia

O alcalde celebra a "vitoria moral de todo un pobo" tras recibir o Permiso de Inicio de Actividade para o centro de maiores

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Ribadeo informou este luns de que recibiu o Permiso de Inicio de Actividade (PIA), a autorización de apertura da residencia.

O alcalde de Ribadeo, o nacionalista Fernando Suárez Barcia, afirma que “despois de non achegar un can, a Xunta de Galicia, desbordada pola realidade e pola loita de todo un pobo, deu luz verde á residencia. Isto demostra que fixemos todo polo libro”, asegura.

Suárez Barcia sinala que os técnicos da Xunta detectaron leves carencias, como “un taboleiro de anuncios ou 24 mesiñas auxiliares. Cunha declaración responsable comprometémonos a resolver estas cuestións”, explica o rexedor.

A autorización remata cunha agarda de case tres meses, que o alcalde xulgou intencionada por parte do Goberno galego. A Consellería de Política Social, pola súa banda, asegurou que o retraso se debía á especificidade do documento. “É a primeira vez en Galicia que se pide unha titularidade compartida entre administracións“, precisaron fontes do Executivo autonómico.

“SOÑO COLECTIVO”

 O primeiro edil ribadense celebra a “vitoria moral” que ao seu entender supón a autorización do xeriátrico: “o soño colectivo de Ribadeo vai ser unha realidade sen dúbida”, sostén.

Suárez Barcia agradeceu á Deputación de Lugo a súa “cooperación” para facer realidade o servizo. “Esta maneira de traballar é a que a cidadanía merece”, argumenta.

SEGUINTES PASOS

O alcalde expón que “témonos que xuntar de maneira inminente coa Deputación para preparar as comisións de seguimento, abrir o prazo das listaxes para que os posibles usuarios se anoten. Seguiremos dando novas sobre a residencia nos próximos días”, conclúe.

48 PRAZAS

Mensajeros de la Paz será a empresa adxudicataria, cun contrato de catro anos, dos servizos de asistencia básica, manutención e limpeza no centro de maiores ribadense, que terá 48 prazas.

“NADA PENDENTE POR PARTE DA XUNTA”

O delegado territorial da Xunta, José Manuel Balseiro, manifestou que “por parte da Administración autonómica, a residencia podería abrir mañá mesmo. Esperemos que o alcalde teña a mesma présa á hora de abrila que de pedir o permiso”, aseverou.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...