InicioM.ambiente e PatrimonioViveiro aumenta un mes o prazo de solicitude de axudas para rehabilitacións...

Viveiro aumenta un mes o prazo de solicitude de axudas para rehabilitacións no casco

A nova data límite para adherirse ao programa, cun orzamento que supera os 90.000 euros, rematará o 21 de abril

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Viveiro ampliou o prazo para a presentación de solicitudes de subvención para a rexeneración e renovación urbá na Área de Rehabilitación Integral (ARI) do casco histórico.

A data límite de presentación de peticións será o 21 de abril. O prazo abrirase desde a publicación do anuncio do presente acordo no Boletín Oficial da Provincia (BOP) de Lugo.

A tramitación de solicitudes realizarase con arranxo á convocatoria publicada no BOP do 26 de decembro de 2018.

A concesión das subvencións será en rexime de concorrencia, en consonancia cos criterios de selección estipulados na convocatoria: mellora das condicións de habitabilidade das vivendas e edificios, mellora da imaxe urbá, nivel de protección do inmoble ou orzameno por actuación, en función da capacidade para xerar emprego.

A cantidade máxima a percibir será do 40% por actuación, agás nos casos de realoxamento de familias e de equipamento técnico de oficinas, nos que as axudas poden alcanzar o 75% se os ingresos da unidade de convivencia son inferiores a tres veces o Indicador Público de Renta de Efectos Públicos (Iprem).

ORZAMENTO

O Ministerio de Fomento achegará ao proxecto un total de 71.333 euros, polos 19.891 que investirá a Xunta de Galicia.

Para máis información, os interesados poden acudir á oficina de rehabilitación do casco histórico de Viveiro ou chamar ao teléfono 982.56.29.68.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...