Coñece o programa da Festa da Troita da Pontenova, que pregoará Isabel Blanco

A 41 edición, que inclúe os concursos de salmón e mosca, celebrarase o 30 de abril e 1 de maio

Isabel Blanco. AXM

A actriz e presentadora de televisión Isabel Blanco será a encargada de pregoar a 41 edición da Festa da Troita da Pontenova, declarada de Interese Turístico Galego e de Interese Deportivo Nacional.

A celebración, impulsada polo Cit A Pontenova coa colaboración do Concello e a Deputación de Lugo, celebrarase o 30 de abril e mailo 1 de maio. Incluirá a sétima edición do concurso de salmón e a décimo terceira do certame de mosca.

TROITAS DE OURO

O día 30 entregaranse os recoñecementos das Troitas de Ouro a David García Ferreras, campión do mundo de pesca a mosca; a Fundación North Atlantic Salmon (NASF); a Leonardo de la Fuente, de Radio Marca; a Manuel Gómez, de Armería Mago; e ao proxecto Arca, de Las Mestas del Narcea.

A degustación de troitas comezará ás 22.00 horas, despois do pregón, que está previsto para as 21.00. Anaconda e Costa Dorada animarán a noite coa verbena.

CONCURSOS

Os certames comezarán ás 9.00 horas do primeiro de maio, ao tempo que se celebra a primeira ruta de sendeirismo Vía Verde. A pesaxe das capturas nos concursos será ás 13.30 horas, á que seguirá unha sesión vermú. Os trofeso entregaranse ás 18.00 horas no salón de actos da casa da cultura.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here