IniciosociedadeO PP de Ribadeo critica "o abandono" da Casa da Ría, que...

O PP de Ribadeo critica “o abandono” da Casa da Ría, que propón como centro de educación ambiental

O inmoble, sen actividade desde hai anos, acollía observacións astronómicas e actividades de formación do profesorado e alumnado

Publicada o

- Advertisement -

O Partido Popular (PP) de Ribadeo denuncia o “absoluto abandono” no que se atopa a Casa da Ría, sen actividade desde hai anos e que a formación conservadora propón converter nun centro de educación ambiental.

O candidato dos populares á alcaldía de Ribadeo, Daniel Vega, explica que no inmoble, “como dicía o ex concelleiro Horacio Cupeiro, chove dentro igual ca nunha cesta rota, logo de doce anos sen proxecto para a Casa da Ría”.

Vega explica que o edificio “foi construído na etapa do PP e tiña unha vocación, a defensa e o traballo sistemático pola educación ambiental”.

O alcaldable dos populares lembra que o centro acollía observacións astronómicas, que o visitaban “colexios e alumnado das universidades” e que o profesorado viña formarse con cursos homologados pola Consellería de Educación”.

Outra instantánea do edificio. AXM

“DESPREZO POLO PÚBLICO”

O PP ribadense afirma que o goberno local de Ribadeo “deulle as costas á política de educación ambiental” e sostén que “demostra un desprezo sistemático pola veciñanza” ao “non defender un edificio municipal que foi construído con diñeiro público”.

Nós imos volver utilizar ese telescopio. O PP vai volver poñer de manifesto que é a Casa da Ría é unha das máis importantes da provincia de Lugo e volver defender a educación ambiental”, conclúe Vega.

INVESTIMENTO DE 300.000 EUROS

A Casa da Ría, construída en Santa Cruz no 2001 cun investimento duns 300.000 euros, conta con salas de exposicións, despachos, salón de proxeccións e un observatorio astronómico.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...