Mondoñedo celebra 40 anos de democracia cun tributo “ao compromiso de vida” dos seus edís

O acto serviu para homenaxear ás corporacións das dez lexislaturas, que "transformaron a sociedade e os servizos" do municipio

Participantes na homenaxe ás corporacións de Mondoñedo. AXM

O Concello de Mondoñedo celebrou este sábado un acto no consistorio para celebrar 40 anos de democracia e agradecer o traballo das distintas corporacións municipais ao longo das dez lexislaturas.

A alcaldesa, a popular Elena Candia, puxo en valor o esforzo de todos os que “escribiron unha parte da historia do Concello e traballaron para mellorar Mondoñedo”.

Durante a súa intervención, Candia subliñou “a importancia que tiveron as corporacións na transformación da nosa sociedade e na transformación dos servizos da nosa veciñanza”.

O Concello de Mondoñedo celebrou este sábado un acto no consistorio para celebrar 40 anos de democracia e agradecer o traballo das distintas corporacións municipais ao longo das dez lexislaturas.

A alcaldesa, a popular Elena Candia, puxo en valor o esforzo de todos os que “escribiron unha parte da historia do Concello e traballaron para mellorar Mondoñedo”.

Momento do acto. AXM

Durante a súa intervención, Candia subliñou “a importancia que tiveron as corporacións na transformación da nosa sociedade e dos servizos da nosa veciñanza”.

Moitas gracias aos edís pola dedicación que, hai que dicilo, moitos deles tiveron dunha maneira altruísta e gratuíta e poñendo sempre do seu tempo e nalgún caso incluso do seu patrimonio. Son exemplo dun compromiso de vida cos nosos veciños”, expuxo Candia.

Manuel Castiñeira, xefe do servizo de asistencia xurídica, económica e técnica aos Concellos da Deputación Provincial de Lugo, foi o encargado de falar da evolución da administración local e das deputacións ao longo de 40 anos.

CADROS DOS REXEDORES

No acto descubríronse cadros coas fotografías dos alcaldes e alcaldesas da democracia en Mondoñedo: Elena Candia (na actualidade); Orlando González Cruz (2007-2015); Luís Rego Valcarce (1999-2007); Manuel Javier Loira Rúa (1995-1999); Emma Pilar Valcarce Pestaña (1987-1995); Ignacio Vilaseca Otero (setembro 1984-1987); Armando González Álvarez (1983-setembro 1984); e Ramón Fernández Gacio (entre 1979-1983).

AGASALLO

Para pechar o evento, entregouse a Catedral de Mondoñedo en cerámica de Sargadelos a todos os alcaldes.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here