O PP de Ribadeo pide ao alcalde que aclare “que quere facer” co Xulgado de Paz

O candidato dos populares propón rehabilitar o edificio, en "absoluto abandono", para manter nel as oficinas do servizo

Xulgado de Paz de Ribadeo. AXM

O candidato do Partido Popular (PP) á alcaldía de Ribadeo, Daniel Vega, instou ao goberno local ribadense a explicar “que quere facer co Xulgado de Paz”, que se atopa “nun estado terceiromundista”, segundo o sindicato Alternativas na Xustiza-CUT.

Vega cre que a situación de “abandono absoluto” do inmoble é unha mostra “da falta de compromiso” do alcalde, o nacionalista Fernando Suárez Barcia.

O candidato do PP ribadense sostén que o Xulgado de Paz “non pode seguir así, porque as cousas pódense resolver e concretar, pero hai que tomar medidas”. Así, propón unha rehabilitación completa do edificio para manter nel as oficinas do servizo.

TRES EDIFICIOS PÚBLICOS “ABANDONADOS”

Non coñecemos ningunha proposta deste goberno sobre este asunto”, afirmou Vega, que cita outros dous edificios de titularidade municipal “abandonados”; a Casa da Ría e o polideportivo de Alfredo Deaño. “Que o señor Suárez Barcia explique que quere facer con eles”, concluíu.

CONSULTA DE LISTAXES ELECTORAIS

Con motivo da celebración das eleccións europeas e municipais o 26 de maio e co fin de asegurarse o dereito de sufraxio activo, as listaxes electorais para este proceso poderán consultarse no departamento de estatística da secretaría do Concello entre o 8 e o 15 de abril a través do sistema informático correspondente. As reclamacións poderán formularse entre os mesmos días.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here