IniciosociedadeUns 700 escolares e profesores participarán en Foz de campamentos náuticos en...

Uns 700 escolares e profesores participarán en Foz de campamentos náuticos en inglés

Os participantes realizarán actividades como vela tradicional, avistamento de aves ou pádel surf mentres practican o idioma británico

Publicada o

- Advertisement -

Foz acollerá esta primavera a 700 escolares e profesores do norte de España que realizarán actividades de inmersión lingüística no hostel Áncora.

Así o anunciou o goberno local, que recibiu o pasado martes a 62 docentes e alumnos do colexio Calasanz Escolapios, da Coruña, que realizan un campamento en inglés con actividades náuticas.

O alcalde de Foz, Javier Castiñeira, destacou a importancia deste tipo de actividades, que “contribúen a desestacionalizar o turismo”.

EVOLUCIÓN TURÍSTICA

O rexedor felicitou “ás empresas que participan nesta iniciativa: Escola de Deportes Náuticos da Mariña, Sensación Surf, Maremasma e outras, que entre todas elas fan un paquete de actividades moi interesante”.

En Foz hai 15 ou 20 anos había un turismo única e exclusivamente de alugueiro, e agora temos desde autocaravanas ata un dos mellores hoteis da Mariña, pasando por diferentes alternativas. Calquera turista hoxe en día pode vir ao municipio e valorar distintas posibilidades para pasar aquí uns días e para repetir”, remarcou.

“VOLVERÁN VISITARNOS”

Pola súa banda, o responsable de Ánchor Seacamps -empresa que se dedica aos campamentos náuticos con inmersión lingüística-, Francisco Moreda López, explicou que “pretendemos que os nenos vexan a Foz como un pobo que os acolleu e os tratou con mimo. Grazas a este tipo de actividades esperemos que cando cumpran anos poidan volver visitarnos”, remarcou.

No 2019 visitarán Foz uns 650 nenos, acompañados de 50 monitores, que realizarán actividades como a vela tradicional, o pádel surf ou o avistamento de aves ao longo do percorrido Rede Natura, ao tempo que practican inglés.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...