IniciosociedadeO ribadense Álvaro Martínez, a gran promesa da robótica española

O ribadense Álvaro Martínez, a gran promesa da robótica española

O mozo, de 22 anos, gaña por terceira vez consecutiva o certame impulsado pola firma Asti, no que participaron 300 robots e 30 equipos

Publicada o

- Advertisement -

Álvaro Martínez Fernández, mozo de Ribadeo de 22 anos, gañou por terceira vez consecutiva o Desafío Asti Robotics, que se celebrou en Burgos o pasado 6 de abril.

O estudante de terceiro de Inxeñería Informática, que actualmente desfruta dunha beca Erasmus en Pécs (Hungría), acadou os premios ao mellor equipo e ao mellor rendemento do certame, que reuniu a 300 participantes e un total de 67 conxuntos.

Os galardóns, que recibiu da man da CEO da compañía, Verónica Pascual, permitiranlle participar no terceiro Congreso de Tecnoloxías Emerxentes para Ecosistemas 4.0, que se celebrará en Valencia no mes de outubro. Tamén recibiu un kit de robótica.

Babor. AXM

BABOR

O ribadense preparou o seu robot só, sen axuda nin de profesores nin de compañeiros, xa que é o único integrante do Ría de Ribadeo Robótica. Se na pasada edición chamou á súa “criatura” Eois, este ano continuou a apostar polos nomes mariñeiros con Babor.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...