A Feira do Ferro de Riotorto renova o seu poder de convocatoria

Un milleiro de persoas asistiu ao evento, que congregou a 28 ferreiros de Galicia e Navarra

Feira do Ferro de Riotorto. AXM

Un milleiro de persoas visitou este domingo Riotorto para asistir á Feira da Artesanía do Ferro, que cumpriu a súa décimo terceira edición xuntando a 28 ferreiros de Galicia, Navarra e mesmo Austria.

Durante a xornada os asistentes desfrutaron dunha exposición de produtos do campo e da presentación do libro ‘A idade do Ferro’, de Xosé Salgado.

DEMOSTRACIÓNS DO OFICIO

Os Ferreiros de Riotorto, o austríaco Friedrich Brasmsteidl; Alberto Leis de Santiago de Compostela; o Centro de Interpretación da Forja (Forjas Brun de Navarra); o ferreiro Antonio do Corgo; ferreiros da Fonsagrada e Forxa Chao, da capital galega, fixeron demostracións do oficio. Tamén houbo mostras de pirogravado a cargo de artesáns do norte de Ortigueira e de torneado de madeira.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here