En liberdade o veciño de Burela investigado por agresión sexual

A Fiscalía non solicitou prisión para o home, que continúa baixo investigación xudicial

Xulgados de Viveiro. GOOGLE MAPS

EFE. Un veciño de Burela, detido o pasado luns na Mariña Lucense por unha suposta agresión sexual, foi posto en liberdade este martes, tras prestar declaración ante o Xulgado de Instrucción número 1 de Viveiro, informaron fontes xudiciais.

En declaracións a Efe, fontes do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) confirmaron que a Fiscalía non solicitou prisión para o home, que foi posto en liberdade, aínda que continúa baixo investigación xudicial por un suposto delito de agresión sexual.

O home, natural de Cabo Verde, reside na localidade lucense de Burela, onde unha muller acudiu a un centro de atención médica que activou o protocolo sobre unha presunta agresión sexual supostamente cometida na noite do sábado ao domingo da semana pasada.

ORDE DE AFASTAMENTO

O Xulgado impúxolle polo momento unha orde de afastamento respecto á presunta vítima como medida preventiva até completar a investigación e prohibiulle abandoar o territorio español, ademais de retirarlle o pasaporte.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here