O polígono de Fazouro suma a súa terceira empresa no último ano

O Concello de Foz fala dun "repunte" da instalación de firmas no parque industrial

Polígono de Fazouro. GOOGLE MAPS

O alcalde de Foz, Javier Castiñeira, destacou que unha nova empresa se instalará no polígono industrial de Fazouro, unha mostra “do repunte neste último ano” no tocante á implantación de firmas “no parque industrial”. 

Metalux, que se encarga de subministrar material eléctrico e de fontanería en toda a provincia de Lugo, únese a outras que se incorporaron este ano, como Todocampo, centrada en xardinería e agrarios, Estrella Galicia, que dispuxo unha nave de distribución para toda A Mariña Lucense. “Todas están na parte traseira do parque empresarial e ademais está a construción dun gasocentro na zona do polígono”, expuxo Castiñeira.

UBICACIÓN “PRETO DA A-74”

O rexedor subliña a “boa situación” do parque empresarial focense, que está no centro da bisbarra e pasará “moi preto del” a nova autovía A-74“O potencial que ten o polígono é maior sabendo que unha vez se rematen xa os proxectos e comecen as expropiacións, poderá iniciarse tamén o enlace co corredor da Mariña, que comunicará coa autovía A-8”, remarca.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here