Burela loce o seu bonito en Turexpo Galicia

Os visitantes ao stand do municipio en Silleda degustaron o produto asado ou en empanada

Integrantes da asociación Ledicia, con Llano. AXM

O Concello de Burela, en colaboración coa asociación Ledicia, ofreceu unha degustación de bonito en Turexpo Galicia, a feira do sector turístico celebrada a pasada fin de semana en Silleda. O alcalde burelés, o socialista Alfredo Llano, acudiu á presentación do produto, que os visitantes poideron consumir asado ou en empanada. É a segunda vez que o municipio acode con stand á cita.

CONCURSO DE CARTEIS

A asociación Ledicia ampliou o prazo para o concurso de carteis da Feira do Bonito. A data límite é o 20 de xuño. O colectivo dispuxo dous certames, un para menores de 14 anos e outro para maiores de 15. Cada autor pode presentar varios traballos, e deberá entregar as súas creacións por correo ou presencialmente -mércores de 20.00 a 22.30 horas- no local social da agrupación (Rúa do Ril, número 4, baixo, 27880).

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here