IniciosociedadeA Xunta investirá 141.000 euros en 32 camas e mobiliario para o...

A Xunta investirá 141.000 euros en 32 camas e mobiliario para o edificio vello do hospital

O Sergas prevé rematar as obras de reforma no inmoble inicial "este mesmo ano"

Publicada o

- Advertisement -

O Servizo Galego de Saúde (Sergas) sacou a licitación pública a adquisición de novo mobiliario de hospitalización con destino á segunda fase das obras de reforma que se están a executar actualmente na zona antiga do Hospital Público da Mariña. En concreto, adquirirá 32 camas de hospitalización para pacientes ingresados, mesas e sillóns de hospitalización, por un importe que supera os 141.000 euros.

O novo mobiliario está destinado ás plantas que o Sergas está a reformar no edificio inicial do centro hospitalario. As 32 camas terán un importe de 96.800 euros; as 32 mesas de hospitalización, de 21.296 euros; aos 32 sillóns de paciente destinaranse máis de 23.200 euros.

SEGUNDA FASE DAS ACTUACIÓNS

Trala posta en marcha do novo pavillón do Hospital da Mariña, o goberno galego iniciou a segunda fase das obras, que conlevan actuacións de reforma no vello edificio, unhas actuacións que o Sergas prevé rematar “este mesmo ano”.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...