“Grazas a este equipo teño un segundo cumpreanos”: o vídeo contra o recorte na ambulancia medicalizada

Técnicos e pacientes reclaman á Xunta na peza audiovisual que anule a supresión dun dos dous técnicos de emerxencias sanitarias da UVI móbil da Mariña Lucense

Fotograma do vídeo. AXM

Os Técnicos de Emerxencias Sanitarias (TES) da Mariña Lucense colgaron nas redes sociais un vídeo co que reclaman ao Servizo Galego de Saúde (Sergas) que non recorte un dos dous profesionais que exercen na ambulancia medicalizada da Mariña Lucense, con base en Foz.

Os profesionais demandan á Xunta de Galicia na peza audiovisual que manteña a actual dotación da Unidade de Vixilancia Intensiva (UVI) móbil da comarca -dous TES, un médico e un enfermeiro-, pois “non queremos que nos falten mans” nin “nestes casos hai segundas oportunidades”, sinalan os técnicos.

“GRAZAS A ELES PÓDOO CONTAR”

Tamén se manifestan no vídeo pacientes que recibiron atención da ambulancia medicalizada. “Grazas a este equipo teño un segundo cumpreanos“, explica unha mariñá que foi atendida.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here