Só A Mariña se libra de temperaturas dez graos por riba do habitual coa calor africana

A masa de aire cálido non entrou na bisbarra debido aos ventos do este-noroeste

Praia de Area, en Viveiro. CONCELLO DE VIVEIRO

A Mariña Lucense se libra das temperaturas dez graos máis elevadas do habitual no mes de maio que se están a rexistrar en Galicia debido á masa de aire cálido africano, cunha máxima que correspondeu a Ourense, con 34,7 graos.

O prognóstico é de valores similares para este martes, mentres que o mércores as baixarán levemente. A partir do xoves e o venres, en moitos puntos de Galicia as temperaturas caerán significativamente, nalgúns casos ata en 15 graos.

Mapa de Meteogalicia. AXM

A excepción corresponde ao norte da provincia de Lugo. Na Mariña, debido aos ventos do este-noroeste, “non chegou a entrar a masa de aire cálido”, precisan desde Meteogalicia. “Van notar un cambio no estado do ceo”, conclúen para matizar que os valores térmicos non experimentarán oscilacións.

Podes ler a nova completa no Galicia Confidencial.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here