Unhas xornadas de tapeo, aperitivo da Festa Castrexa

Quince establecementos de Burela participan na cita, nas dúas próximas fins de semana

Cartel do tapeo. AXM

A asociación Burela Castrexa impulsa unhas xornadas de tapeo nas dúas vindeiras fins de semana como aperitivo da sétima edición da Festa Castrexa, que se celebrará os días 6 e 7 de xullo.

Quince establecementos de hostalería –A Marosa, A Marquesa, Parrillada de Jandro, Arenal, Atrezzo, Contraste, Don Jamón, La Bocatta, Cervecería Kiko, Mesón da Pedra, O Raio, O Traste, Palacio de Cristal, Sargo e Vista Alegre– participarán nas xornadas. A primeira delas será os días 15, 16 e 17 de xuño, e a segunda os días 29 e 30 de xuño e 1 de xullo.

SORTEO DE 500 EUROS

Os clientes que saboreen alomenos unha tapa nos 15 locais indicados poderán selar a súa tarxeta e entrar nun sorteo de 500 euros en metálico, que a organización disporá na Praza do Concello o 7 de xullo, durante a sesión vermú.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here