IniciosociedadeA Xunta recomenda suspender as actividades deportivas ao aire libre

A Xunta recomenda suspender as actividades deportivas ao aire libre

A chegada da borrasca "Miguel" podería provocar refachos de vento de ata 110 quilómetros por hora na Mariña a partir das tres da tarde

Publicada o

- Advertisement -

Secretaría Xeral para ou Deporte da Xunta recomendou suspender as actividades deportivas ao aire libre na Mariña Lucense, no noroeste, oeste e suroeste da Coruña e nas Rías Baixas ante a chegada da borrasca “Miguel”.

Segundo informou a Xunta nun comunicado, a Dirección Xeral de Emerxencias e Interior activou a alerta laranxa por un episodio de fenómenos meteorolóxicos adversos para Galicia, “indicando que se adopten as medidas preventivas necesarias”.

ALERTA LARANXA

Na Mariña prevese vento de ata 110 quilómetros por hora desde as 15.00 horas deste xoves ata as últimas horas da tarde. Noutros puntos da costa galega os refachos poderían acadar os 120 quilómetros por hora. Podes ler a noticia completa no Galicia Confidencial.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...