Iniciosociedade(VÍDEO) Así se fixeron as alfombras florais das festas de Burela

(VÍDEO) Así se fixeron as alfombras florais das festas de Burela

Unha peza audiovisual en time-lapse de Arracada Producións mostra desde a altura a confección dos tapices, como "homenaxe a quenes traballan neles"

Publicada o

- Advertisement -

Coma un tributo a quenes impulsaron as alfombrais florais das festas patronais de Burela nos últimos 26 anos. Así xurdiu a idea de facer un vídeo en time-lapse da confección dos tapices por parte da empresa burelá Arracada Producións, unha peza audiovisual que está a espallarse rapidamente polas redes sociais.

“Quixemos facer unha homenaxe altruísta a quenes traballaron para facer as alfombras, que hoxe son un dos principais símbolos cos que se identifican ás festas e tamén ao pobo de Burela”, expón Julio López, responsable da empresa.

Deste xeito, o vídeo, cunha duración de catro minutos, céntrase máis na elaboración dos espectaculares tapices ca na posterior procesión.

“Normalmente o que se grava é ese traxecto e nós quixemos darlle un punto de vista diferente. Mostrar a confección e ademais desde arriba, para o que colocamos unhas oito cámaras. O time-lapse é o resultado de miles de fotografías. A única mágoa foi que coincidiu un día de tanto sol que nos proxectou a sombra dalgúns edificios”, lamenta López.

DE CÓMIC

A orixinal decisión da comisión de festas de dedicar as patronais a personaxes de banda deseñada ou cómic ou de videoxogos, que a tenor da aceptación popular resultou todo un acerto, tamén loce na peza. “Foron unhas alfombras moi chamativas e de moito colorido”, salienta López.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...