Iniciosociedade(VÍDEO) Trabada convida a conectar "co que de verdade importa"

(VÍDEO) Trabada convida a conectar “co que de verdade importa”

O Concello publicou unha peza audiovisual de promoción turística na que se compara a velocidade da vida nas urbes coa tranquilidade do municipio trabadense

Publicada o

- Advertisement -

Turismo de Trabada vén de presentar, a través das súas redes sociais, unha nova campaña promocional “onírica e sensorial”, baixo o lema ‘Te mereces algo bueno‘, que convida a conectar “co que de verdade importa”. 

O goberno local trabadense en funcións asegura que se trata “dunha proposta rompedora” que se lanza cun vídeo no que se evoca “todo o que ofrece a súa contorna: paz, conexión, aventuras, re-conexión e lugares nos que volver, a sentir e vivir de forma natural, en conexión coa natureza”.

A peza audiovisual está gravada cunha cámara de cinema dixital en 5K RAW, e tenta subliñar que “vivimos un ritmo de vida tan frenético que en ocasións non poñemos o foco no máis relevante”. Así, convida a desfrutar da vida fóra dos contextos urbáns, e a comparar a súa velocidade coa tranquilidade de Trabada.

RECURSOS

A área recreativa da Cadeira; o Pico da Paleira; o rego de Vilapena, Vilaformán; Vilarbetote; Trabadela; a ría de Abres; a Choza; as fragas da Belosiña e da Becerreira; a ruta do Vento; o Camiño de Santiago no Chao do Sevil; o Porto do Malle en tomas áereas; ou A Trapa son algúns dos lugares que se destacan na peza audiovisual.

GRAVACIÓN EN MADRID

Fóra de Trabada, gravouse en Madrid: nos barrios de Atocha e Lavapiés, nas catro torres, en Gran Vía e nas oficinas do Grupo Reacciona.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...