Reto superado: Santi Chao percorre 2.000 quilómetros para concienciar sobre a doazón de órganos

O ciclista, transplantado de corazón, completou o percorrido de Lannion a Viveiro, acompañado de Andrés García Piñeiro e os irmáns Jacobo e David Díaz

Recepción aos ciclistas en Viveiro. AXM

O ciclista viveirense Santi López Chao completou este domingo o seu reto deportivo a prol da doazón de órganos. A expedición chegou a Viveiro despois de 2.000 quilómetros percorridos desde a cidade de Lannion, no norte da Bretaña.

López Chao, que cubriu o traxecto acompañado de Andrés García Piñeiro e os irmáns Jacobo e David Díaz, recibiu un transplante de corazón hai 17 anos que lle salvou a vida.

Deste xeito visibiliza a capacidade das persoas transplantadas para acadar obxectivos e tamén a importancia de doar órganos para darlle unha segunda oportunidade a quenes necesiten dunha doazón. ‘Regala vida‘ foi o lema do reto.

RECIBIDO NO CONSISTORIO

Membros de todos os partidos políticos da corporación viveirense, coa alcaldesa, María Loureiro, á cabeza, recibiron aos corredores no consistorio.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here