IniciosociedadeSargadelos retomará en verán as visitas guiadas á planta de Cervo

Sargadelos retomará en verán as visitas guiadas á planta de Cervo

Os asistentes poderán coñecer o proceso de produción artesán da cerámica, "un tesouro en si mesmo", en percorridos de 35 minutos

Publicada o

- Advertisement -

Sargadelos retomará a partir do vindeiro luns, 1 de xullo, as visitas guiadas á súa planta de produción de Cervo.

Nos meses de xullo e agosto, as visitas guiadas á fábrica de cerámica cervense comezarán ás 11.00 e 13.00 horas, cunha duración estimada de entre 30 e 40 minutos.

Durante todo o ano, os interesados poden visitar as plantas de produción de Cervo e Sada e coñecer o proceso produtivo de forma libre e sen guía.

No verán, o grupo empresarial inclúe a posibilidade de desfrutar de visitas guiadas para “coñecer cada un dos procesos polos que pasa un produto de Sargadelos ata converterse nunha peza única de porcelana da máis alta calidade”, expón nun comunicado.

Trátase dun proceso moi laborioso, case artesanal e de gran complexidade manufactureira que se mantivo vivo durante séculos e que constitúe un tesouro en si mesmo”, explica.

MÁIS DE DOUS SÉCULOS DE HISTORIA

Sargadelos destaca que poder ver in situ ás traballadoras realizar as pezas “causa grande interés no visitante, xa que o noso é un proceso que fuxe da industrialización para achegarse ao artesán, feito que pon en valor que cada unha das nosas pezas sexa única e representativa da nosa terra”.

A intención do programa é “fomentar e preservar un dos fitos do patrimonio cultural, histórico e empresarial de Galicia con máis de 210 anos de historia”.

VISITAS PARA GRUPOS

Ademais, durante todo o ano pódense organizar visitas guiadas para grupos chamando ao teléfono de contacto 982.55.78.41 ou a través do correo electrónico sargadelos@sargadelos.com.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...