IniciosociedadeXove convida a saborear percebe a prezos populares o 20 de xullo

Xove convida a saborear percebe a prezos populares o 20 de xullo

As racións venderanse a 15 euros na carpa que se instalará na Praza do Concello para enxalzar o produto

Publicada o

- Advertisement -

Xove celebra o vindeiro 20 de xullo a oitava edición da Festa do Percebe, que terá a Praza do Concello como punto de encontro. A organización instalará unha carpa na que o crustáceo comezará a servirse a partir das 12.00 horas.

A ración máis o prato conmemorativo do evento custarán 15 euros. O marisco poderá acompañarse dunha botella de viño albariño por seis euros. Tamén se ofrecerá a posibilidade de degustar racións de xamón cocido a dez euros.

MÁIS DE 400 QUILOS

“O éxito acadado nas edicións anteriores animounos a repetir a experiencia”, sinalan desde a Asociación de Festexos A Medorra, que organiza a cita en colaboración co Concello e o GALP A Mariña Ortegal. Na pasada edición repartíronse máis de 400 quilos do marisco.

A degustación gastronómica animarase con música nas rúas a cargo da charanga Os Charangos, que percorrerán as rúas da vila, e cunha discomovil que amenizarán a xornada.

OBRADOIROS E UNHA EXPOSICIÓN

A riqueza biolóxica e gastronómica do litoral xovense centrará os obradoiros que se organizarán durante a tarde para entreter aos máis pequenos.

Desde o pasado luns e ata o 28 de xullo pode visitarse na Sala de Exposicións do Concello a mostra “O percebe e o seu ecosistema”.

ÚLTIMAS

A resposta de @oscar_puente á mala situación do FEVE: “Estudia a orografía e fai un cálculo dos costes dunha liña”

"Pues nada maestro, ponte a estudiar la orografía del territorio que separa ambas localidades,...

Remata a formación en xeoturismo que impartiu a Mancomunidade da Mariña

Hoxe remata a formación en xeoturismo que estivo a impartir a Mancomunidade de Concellos...

Ribadeo acolle a Gladiator Family con carácter solidario este domingo

Ribadeo acollerá a Gladiator Family con carácter solidario o 28 de abril. O importe...

Foz leva a pleno o regulamento de control horario para fichar traballadores municipais

O Concello de Foz leva ao pleno ordinario do mes de abril, que se...