IniciosociedadeO BNG acusa a Candia de "hipocresía" en relación cos peches da...

O BNG acusa a Candia de “hipocresía” en relación cos peches da A-8 pola néboa

Os nacionalistas critican a "falta de compromiso dos gobernos do Estado" para solventar os problemas da vía

Publicada o

- Advertisement -

O BNG de Mondoñedo acusa á alcaldesa Elena Candia de manter unha “actitude hipócrita” en relación cos problemas derivados do peche da A-8 como consecuencia da néboa.

A rexedora popular reclamou o pasado mércores o arranxo urxente da N-634, alternativa á autovía nos días sen visibilidade.

O voceiro nacionalista Eloi Cabanas contrasta esta demanda coa “compracencia que amosou durante a etapa que o Partido Popular gobernou no Estado”.

“Se a N-634 non está en condicións óptimas de absorber tanto tráfico cando a néboa obriga a cortar a A-8 tamén o estaba despois da inauguración do tramo da autovía fai agora cinco anos e medio”, sinalou.

Cabanas critica que “están sen executar un proxecto de obras de mellora na estrada que”, segundo expón, “foron anunciados publicamente pola alcaldesa e outros representantes públicos do Partido Popular“.

“FALTA DE COMPROMISO DO ESTADO”

O nacionalista lamentou “a falta de compromiso dos diferentes gobernos do Estado cos problemas do peche da autovía”.

Así, explicou que “seguimos sen saber nada dos proxectos experimentais para evitar a néboa, con 6 millóns de euros orzamentados”.

Tamén criticou a ineficiencia “das balizas instaladas a modo de proba para melloras a seguridade no tráfico”.

TERCEIRO CARRIL

Con respecto á N-634, o BNG propón prolongar o terceiro carril da estrada ata a rotonda de enlace coa A-8, unha iniciativa aprobada de forma unánime polo pleno municipal na pasada lexislatura.

“Sería unha alternativa aos continuos peches da autovía, xa que moitos transportistas decidiron desistir xa de utilizar a autovía pola perigosidade do Fiouco e tamén polo menor consumo de combustible que supón o traxecto de 18 quilómetros pola N-634″, concluíu.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...