IniciosociedadeTrabada ofrece vivenda gratis ás familias para salvar unha unidade do colexio

Trabada ofrece vivenda gratis ás familias para salvar unha unidade do colexio

A alcaldesa, Mayra García Bermúdez, pide á Xunta que non peche a clase dado que "hai empadroados máis dunha ducia de nenos menores de tres anos"

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Trabada ofrece vivenda gratis a familias con dous ou máis fillos con idades comprendidas entre tres e seis anos que se asenten no municipio e que escolaricen aos nenos/as no CEIP Plurilingüe Celso Currás, co fin de que sobreviva o centro educativo.

O executivo local anuncia que axiña se publicarán as bases de axudas ás familias, coma nos dous anos anteriores, de fomento da natalidade ofrecendo 800 euros por nacido e familia empadroada (400 euros ao nacer e 400 euros no momento de escolarizarse no colexio público de Trabada), engadido ás subvencións para a compra de material escolar nos cursos de educación infantil.

Así pois, a alcaldesa, a socialista Mayra García Bermúdez, fai un chamamento ás familias que viven en Trabada para que escolaricen os seus fillos no centro, toda vez que dende o goberno municipal “levamos catro anos traballando para ofrecer servizos, cos programas de conciliación que facemos durante o curso escolar tódalas tardes, cos campamentos de verán ou coa aposta que estamos a facer para contar cun Punto de atención á Infancia de 0 a 3″.

García Bermúdez tamén insta á Administración Autonómica que non peche a unidade, “xa que a escola pública rural é fundamental para manter o futuro do campo, e tendo en conta que hai empadroados máis dunha ducia de nenos menores de tres anos nos dea un marxe”.

CENTRO “IMPLICADO”

A rexedora destaca “o ambiente familiar” do centro, no que se ofrece “unha atención personalizada” e que conta con comedor con cociña propia. “Trátase dun centro plurilingüe implicado para que as nosas crianzas teñan as mesmas oportunidades que nas vilas meirandes”, conclúe.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...