IniciosociedadeO novo ciclo do Pedro Murias formará "en todos os ámbitos" da...

O novo ciclo do Pedro Murias formará “en todos os ámbitos” da produción ecolóxica

A formación en agroecoloxía constará de 2.000 horas lectivas nunha modalidade de dous anos

Publicada o

- Advertisement -

Un novo ciclo medio de Formación Profesional (FP), o de agroecoloxía, impartirase o vindeiro curso no Centro de Formación e Experimentación Agroforestal (CFEA) Pedro Murias, en Ribadeo, con 2.000 horas lectivas nunha modalidade de dous anos.

Ademais, ofertarase por módulos no centro de Sergude, en Boqueixón (A Coruña), neste caso orientado ás persoas que queiran compatibilizalo co seu emprego. Así, facilítase o acceso ao título completo ou por materias, polo que haberá diplomas acreditativos habilitantes para os que o fagan por partes.

O conselleiro de Medio Rural, José González, presentou esta nova oferta educativa nunha visita ao centro de Ribadeo. Alí explicou que permitirá incrementar aos estudantes as súas posibilidades en todos os ámbitos da produción ecolóxica. Poderán traballar nos eidos hortícola, frutícola, gandeiro, de planta e xardinaría.

Así, o alumnado poderá desenvolver ocupacións en ecolóxico como agricultor, criador de gando, avicultor, apicultor, produtor de leite e ovos, así como viveirista, entre outros.

XORNADAS INFORMATIVAS

Haberá xornadas informativas en colaboración co Consello Regulador da Agricultura Ecolóxica (Craega) para que os interesados coñezan a oferta diferente.

MÁiS DE 1.200 ALUMNOS DE CICLOS AGRARIOS EN DEZ ANOS

O conselleiro de Medio Rural fixo balance da última década, na que houbo 1.220 alumnos que cursaron ciclos formativos de grao medio e superior relacionados co agro.

O grao máis demandado foi o de aproveitamento e conservación do medio natural, con 318 inscritos na última década. Impártese en Boqueixón, Becerreá e Lourizán.

Así mesmo, máis de 63.000 persoas recibiron formación regulamentada nalgún dos cursos fitosanitarios, de benestar animal ou de incorporación á empresa agraria.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...