Unha colisión frontal deixa tres persoas feridas no Vicedo

Un home de 68 anos e dúas mulleres, de 68 e 55, padeceron o sinistro, que ocorreu na noite do pasado martes

LU-862. GOOGLE MAPS

Unha colisión frontal rexistrada na noite do pasado martes deixou tres persoas feridas no termo municipal do Vicedo.

Segundo informou o 112 Galicia, sobre as 21.00 horas deste martes o servizo de emerxencias tivo coñecemento dunha colisión frontal na estrada LU-862 ao seu paso polo municipio do Vicedo.

A pesar do impacto, os ocupantes dos turismos implicados estaban liberados e accesibles, polo que se descartou a intervención de equipos de rescate.

TRASLADADAS AO HOSPITAL

Ao lugar, confirmaron fontes sanitarias, o 061 enviou dúas ambulancias para atender a tres persoas feridas.

Son P. D. T., un home de 68 anos, e dúas mulleres; C. B. E., de 68 anos, e A. L. Z., de 55, que foron trasladadas ao Hospital Público da Mariña.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here