IniciosociedadeBarreiros deixará praias sen socorristas ao non poder pagar as horas extras...

Barreiros deixará praias sen socorristas ao non poder pagar as horas extras pactadas outros veráns

O goberno local afirma que en anos anteriores financiáronse horas extraordinarias "sistematicamente" e "por riba do tope permitido", que suporían máis de 10.000 euros

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Barreiros está a reorganizar o servizo de socorrismo nas praias despois de que o executivo municipal constatase a imposibilidade de pagar as horas extras pactadas cos profesionais noutros veráns.

A alcaldesa, a nacionalista Ana Ermida, expón que se reuniu co persoal “para trasladarlles a imposibilidade legal e material no aspecto económico” de facer fronte a unha serie de horas extras que o persoal ten realizado noutras campañas.

A lei fixa unha xornada de 37,5 horas, pero coas extraordinarias os socorristas chegaron a superar nos anos anteriores as 80 máximas permitidas pola normativa.

Deste xeito, “asumir o pago de horas extras sistematicamente” suporía “negar o dereito ao descanso” e aprobar un sobrecusto que “superaría os 10.000 euros“, precisa a rexedora.

“Se dispuxéramos dese diñeiro para persoal, o lóxico sería ter sacado unha oferta de persoal pagado con fondos propios máis ampla. E non se fixo porque non é posible”, resalta Ermida.

O Concello de Barreiros conta con 14 socorristas, oito financiados pola Xunta de Galicia e seis custeados polas arcas municipais. O executivo local quitou unha convocatoria con sete prazas, das que finalmente quedou unha vacante.

“GARANTIRASE A SEGURIDADE”

Desde o goberno municipal aseguran que “a reorganización do servizo farase de xeito que se garanta a seguridade nos areais para as persoas e para o propio persoal”. Deste xeito, sacrificarase a vixilancia nalgunhas praias do municipio.

Aínda que por agora non está rematado o programa para cadrar horarios e praias, posiblemente queden sen socorristas as praias de Coto -onde estaba previsto que houbese dous profesionais-, Arealonga ou Reinante e Acantilado.

“Optamos por deixar praias sen cobertura antes que ter un servizo insuficiente, que sería poñer en perigo ao persoal e ás persoas usuarias”, resalta a alcaldesa.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...