IniciosociedadeJuanma Marrube pregoará o Mercado Medieval de Alfoz, asumido polo Concello “para...

Juanma Marrube pregoará o Mercado Medieval de Alfoz, asumido polo Concello “para que perdure”

Os días 19 e 20 de xullo celebrarase a 21 edición do evento, cunha escenificación do apresamento do Mariscal Pardo de Cela que presentará Manuel Lourenzo

Publicada o

- Advertisement -

O adestrador do Pescados Rubén Burela FS, o alfocego Juanma Marrube, será o pregoeiro da vixésimo primeira edición do Mercado Medieval de Alfoz, que organizará o Concello “para garantir a súa continuidade”. A cita celebrarase os días 19 e 20 de xullo na fortaleza de Pardo de Cela.

O deputado de turismo en funcións, Eduardo Vidal, o alcalde de Alfoz, Jorge Val, e a tenente de alcalde, Aránzazu Incera, presentaron este luns na Torre do Castelo de Castrodouro a vindeira edición do evento.

Val explicou que “este ano é o primeiro que organizamos directamente o mercado desde o Concello. Deste xeito garantimos a súa continuidade favorecendo así que cada ano chegue a máis xente”, afirmou. A Deputación é o principal patrocinador do evento.

A representación teatral do sábado, presentada polo escritor e actor Manuel Lourenzo, fillo predilecto do Valadouro, estará dirixida por Pedro López Murillo, xunto con un grupo de veciños voluntarios.

DANZAS MEDIEVAIS

Durante a xornada tamén haberá danzas medievais a cargo de Marco Uría, así como desfile de traxes medievais a cargo do Nabiño de Mondoñedo, que tamén contará cunha exposición de vestimentas de época no interior do castelo.

ACTIVIDADES PARA NENOS

Ademais, o programa ofrece actividades para os máis pequenos, como paseos a cabalo, obradoiros de cestería e panadería, ou xogos tradicionais e monicreques.

DE VOLTA A 1483

Vidal Baamonde sinalou que “durante estas dúas xornadas miles de persoas achéganse a este concello da Mariña Lucense para coñecer parte do noso patrimonio, paisaxe, e historia, retrocedendo no tempo ata o ano 1483, no que apresaron ao Mariscal Pardo de Cela”.

PROGRAMACIÓN COMPLETA

Venres, 19 de xullo

20.30 Pregón a cargo de Juanma Marrube

21.00 Danzas medievais a cargo de Marco Uría

22.00 Desfile de traxes medievais a cardo de O Nabiño de Mondoñedo

23.00 Música

00.00 Queimada popular a cargo do Bruxo Mon

Sábado, 20 de xullo

11.00 Demostración de cetrería

12.00 Nomeamento, bendición e imposición de medallas aos Escudeiros do Castro no Patio de Armas do Castelo

13.00 Espectáculo de malabares

14.00 Hora de xantar e coller folgos

17.00 Xogos Valecos

18.00 Tiro con arco

19.00 Demostración de cetrería

20.00 Representación teatral

21.00 Música

21.30 Cea medieval

22.30 Espectáculo de lume

23.00 Música

00.00 Queimada popular a cargo do Bruxo Mon

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...