IniciosociedadeA quenda do bonito de Burela: 50 restaurantes da provincia ofrecerán receitas...

A quenda do bonito de Burela: 50 restaurantes da provincia ofrecerán receitas desde o venres

As xornadas, que impulsa a Asociación Provincial de Empresarios de Hostalería e Turismo de Lugo, prolongaranse ata o 28 de xullo

Publicada o

- Advertisement -

O presidente da Asociación Provincial de Empresarios de Hostalería e Turismo de Lugo (Apehl), Cheché Real, o deputado de turismo da Deputación de Lugo, Eduardo Vidal, acompañados do alcalde de Burela e presidente da Mancomunidade de Municipios da Mariña Lucense, Alfredo Llano, presentaron este luns no barco-museo boniteiro Reina del Carmen as xornadas de xullo das Exaltacións Gastronómicas.

O bonito do norte de Burela, o lacón galego e os pementos de Mougán protagonizarán este mes nun total de 50 establecementos de hostalería da provincia de Lugo. As xornadas comezarán o venres e prolongaranse ata o día 28.

Tres hostaleiros dos restaurantes A Lonxa, Cervecería Kiko e Casa Miranda amosaron os diferentes xeitos de cociñar o túnido.

A iniciativa, coa que cada mes ata novembro teñen lugar unhas xornadas dedicadas a diferentes produtos da provincia, ten o apoio de diferentes entidades gastronómicas como Afapan, o Consello Regulador de Augardentes e Licores Tradicionais de Galicia, a DOP Queixo Tetilla, a IXP Mel de Galicia, Avimós, a IXP Castaña de Galicia, a IXP Ternera Gallega, o CRDOP Queixo do Cebreiro, Asoporcel, a DOP San Simón da Costa, Galletas Daveiga, o CRDO Ribeira Sacra, Armadores de Burela, S. A., a IXP Faba de Lourenzá, Acruga, a DOP Arzúa-Ulloa, Asovega, a IXP Lacón Gallego, a IXP Pementos de Mougán, a IXP Grelos de Galicia e a IXP Pataca de Galicia.

Durante o acto, Real apuntou que “o obxectivo é que tanto visitantes como residentes teñan a oportunidade de gozar da nosa boa materia prima, elaborada e servida polos nosos excelentes profesionais”.

Pola súa parte, Vidal destacou que “a campaña Exaltacións Gastronómicas ten como obxectivo fomentar o turismo gastronómico na provincia, cada vez máis en alza. Con esta iniciativa poñemos ademais en valor a excelente calidade da gastronomía lucense a través da degustación de produtos acreditados cos selos de Indicación Xeográfica Protexida (IXP), de Denominación de Orixe (DOP), e de Raza Autóctona con selo de calidade que teñan representación na provincia”.

PARTICIPANTES

Os 50 establecementos asociados participantes son Val, de Antas de Ulla; O Asador, de Barreiros; A Lonxa, Cervecería Kiko e Casa Miranda, de Burela; Río Lea, de Castro de Rei; Río de Oro, de Cervo; Os Pendellos Pulpería, Daydos e A Faragulla Brasería, de Chantada; Cantábrico e Complejo O Piñeiral, da Fonsagrada; Casa Damián, O Lar, Xoyma e Hotel Leytón, de Foz.

Tamén Casa Benigno, de Friol; Casa Gaibor, de Guitiriz; Campos, Casa Paco, Mesón de Alberto, Manuel Manuel, Os Cachivaches, Porta de Santiago, Casa María, O Cincuenta e Seis e Canedo, de Lugo; A Horta de Paula, de Mondoñedo; Tapería Centro do Viño, Parador de Monforte de Lemos, O Grelo, Garden, Abadía San Simón, Manuel Bistró e Hotel Cardenal, de Monforte de Lemos.

Finalmente, O Rincón e Parada das Bestas, de Palas de Rei; Rectoral de Castillón, de Pantón; Sabe, do Páramo; Casa García, de Pedrafita do Cebreiro; San Briz, da Pontenova; Parrillada Casa Torres, de Quiroga; O Lar de Manolo, Parador de Ribadeo, El Oviedo e A Mirandilla, de Ribadeo; Ponte Ribeira, de Sarria, e Parador de Vilalba, Montero e Mesón do Campo, de Vilalba.

XORNADA DA OPP SOBRE EFICIENCIA ENERXÉTICA

A Organización de Produtores Pesqueiros (OPP) de Lugo organiza o vindeiro xoves un taller sobre eficiencia enerxética nos buques pesqueiros. Celebrarase no salón de actos de Absa.

Haberá charlas de 10.00 a 13.00 horas, coa participación de José Ramón Antón (Carceller); Adrián Sarasquete (Vicus DT); José Luis Fernández e Martín Queijas (Cofrico); e Carlos Groba (Marine Instruments).

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...