IniciosociedadeA Feira do Bonito presumirá do título de Interese Turístico Nacional no...

A Feira do Bonito presumirá do título de Interese Turístico Nacional no Centro Galego de Salamanca

Representantes do Concello, Ledicia e A Moncloa explicarán a importancia da pesca para a vila e Absa desprazará 20 quilos do túnido para unha degustación

Publicada o

- Advertisement -

A Feira do Bonito de Burela, recentemente declarada de Interese Turístico Nacional, promocionarase este sábado no Centro Galego de Salamanca.

Representantes do Concello, da asociación cultural Ledicia, que organiza a festa, e da asociación de xubilados do mar A Moncloa, participarán nun acto previsto para as 18.30 horas.

Segundo explica o rexedor, o socialista Alfredo Llano, o encontro servirá para “dar información do que é Burela e do que representa a pesca para a vila”.

Llano expón que “xa hai confirmación de varios representantes institucionais e artísticos” e que “a xente da Moncloa vai preparada para contar a historia da pesca no noso concello; como foi evolucionando, cales foron as especies máis importantes e a importancia que tivo no noso concello a pesca do bonito”.

Trátase dunha visita de promoción que “viñamos facendo en distintos sitios para acadar o título honorífico de festa de interese turístico nacional para a Feira do Bonito, que tiñamos apalabrada e que nos servirá para darnos a coñecer”. Llano sinala que o Concello levará trípticos para visibilizar outros atractivos turísticos do municipio.

CATA

Despois do acto, nun restaurante da cidade, terá lugar unha degustación de bonito, desde as sete da tarde ata as nove da noite. Armadores de Burela, S. A. (Absa), colaborará co envío a ese establecemento duns 20 quilos de túnido para o seu cociñado en diferentes preparacións.

O alcalde sinalou que “esta iniciativa tamén está apoiada pola Fundación Expomar, como é normal porque queremos poñer en valor todo o que sexa relacionado coa pesca”.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...