O Sergas substitúe á traballadora social do hospital, o que reclamaban CIG e o colexio

O sindicato denunciara o pasado 1 de xullo a carencia da profesional, o que para o gremio supuña "un agravio comparativo" para A Mariña Lucense

Hospital Público da Mariña. AXM

O Servizo Galego de Saúde (Sergas) asegurou este xoves que cubriu a praza da traballadora social do Hospital Público da Mariña, despois de que o posto estivese vacante desde o pasado 1 de xullo, o que motivou as críticas da Confederación Intersindical Galega (CIG) e do Colexio Oficial de Traballo Social de Galicia (COTSG).

O COTSG anunciou este mesmo xoves o envío dun documento á dirección xeral de recursos humanos do Sergas no que reclama a cobertura da praza de traballo social no Hospital da Costa “durante os períodos vacacionais e os permisos”.

A xunta de goberno do COTSG alerta de que a inactividade da praza, que presta atención a persoas en situación de abandono nos hospitais ou en desprotección, ten “unha repercursión negativa na resolución das problemáticas sociais que presentan as persoas usuarias de dito hospital, o que provoca un incremento no gasto sanitario debido ás demoras en altas con problemática social”.

A entidade sostén que se deu un “menoscabo innegable na calidade do servizo prestado e un agravio comparativo entre áreas sanitarias”. As consecuencias da non cobertura da praza van “en detrimento considerable dos dereitos e intereses da poboación, pois afecta á súa vida diaria”.

Desde o COTSG subliñan a “importancia” de que a área sociosanitaria estea ben vertebrada nun país cunhas condicións demográficas particulares como Galicia. “Dita vertebración e coordinación non pode entenderse sen a figura da ou do traballador social”, engaden.

Por todo isto, desde a entidade solicítanlle ao Sergas a “cobertura inmediata da praza” en períodos vacacionais ou permisos, “cumprindo coa normativa vixente e garantindo o dereito a unha asistencia integral e de calidade”.

“EN FUNCIÓN DAS NECESIDADES”

Fontes do Sergas sosteñen que a traballadora social “está a ser susbtituída cunha nova persoa contratada”, e a argumentan que ademais esta profesional “conta co apoio doutras estruturas do Sergas, que ten máis traballadores sociais en centros de saúde como os de Ribadeo, Viveiro e Burela”.

Así, as mesmas fontes argumentan que a substitución do persoal se realiza “en función das necesidades“.

1 COMMENT

  1. En función de las necesidades de quién? Del Sergas?
    Porque si lo hicieran en función de las necesidades de la gente, no serían necesarios escritos de sindicatos ni del colegio de TS. También buscarían solucionar las laaaargas listas de espera de muchas especialidades hospitalarias así como las habituales NO sustituciones en los centros de salud.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here