IniciosociedadeInaugurado o parque de aventuras de Viveiro, pioneiro na provincia

Inaugurado o parque de aventuras de Viveiro, pioneiro na provincia

Roq Park, froito da colaboración entre a empresa Roq Sport e a comunidade de montes de San Roque, reforzará a oferta turística da Mariña

Publicada o

- Advertisement -

O Roq Park de Viveiro, o primeiro parque de aventuras da Mariña Lucense e da provincia de Lugo, celebrou este venres a súa inauguración oficial.

A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, o delegado territorial da Xunta de Galicia en Lugo, José Manuel Balseiro, e maila alcaldesa de Viveiro, María Loureiro, participaron no acto.

O parque, que conta con pasarelas e tirolesas de ata 115 metros de altura, trátase dunha iniciativa que contribuirá “a reforzar a oferta turística da Mariña Lucense”, asegurou Castro, quen destacou que se trata “dunha iniciativa emprendedora que impulsa o rural galego da man do turismo de aventuras e de natureza dun xeito sustentable”.

TURISMO “FAMILIAR E DE AVENTURAS”

Este novo espazo de lecer está situado nun espazo próximo á área recreativa do monte  San Roque e naceu froito da colaboración dunha empresa local de actividades deportivas e de multiaventura, Roq Sport, e da comunidade de montes de San Roque.

Como explicou Castro, o novo parque promoverá un “turismo familiar e de aventuras, un segmento moi interesante”.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...