IniciosociedadeFinalizadas as obras de mellora da Praza do Souto de Cervo

Finalizadas as obras de mellora da Praza do Souto de Cervo

A Rúa da Aldea tamén se beneficiou do proxecto de acondicionamento, cun investimento de case 290.000 euros procedentes de fondos municipais

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Cervo anunciou o remate das obras de mellora da Praza do Souto e dun tramo da Rúa da Aldea, en Cervo.

A actuación contou cun orzamento de 289.250 euros, procedentes de fondos municipais. O proxecto, cuxas obras comezaron o pasado 10 de febreiro, consistiu na renovación do pavimento, creando no caso da Rúa da Aldea espazos diferenciados para os peóns e o tráfico rodado, e na eliminación de barreiras arquitectónicas.

Renovouse, así mesmo, a rede de sumidoiros, independizando a recollida de augas residuais e pluviais; e a rede de abastecemento de auga; e melloráronse as redes de alumeado público, de telefonía e de subministro eléctrico, substituíndo o tendido aéreo en superficie por unha canalización soterrada, eliminando así o impacto visual do cableado.

“CENTRO NEURÁLXICO”

O alcalde, o popular Alfonso Villares, e a edil de Infraestruturas, Mali Méndez, supervisaron a actuación, que tivo como obxectivo “mellorar, embelecer e facer máis confortable esa zona do centro neurálxico de Cervo, tan frecuentada polos veciños deste núcleo”. O resultado, argumenta o rexedor, é “unha praza funcional e perfectamente integrada coa contorna, para que concentre toda a actividade social e cultural da vila”.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...