Os xardíns Noriega Varela acollerán do 1 ao 4 de agosto a segunda edición do Beer-Veiro Fest. A segunda edición da feira da cervexa artesá permitirá degustar ata 70 tipos diferentes desta bebida.
A Asociación Galega de Cervexeiros Artesáns é a encargada de realizar este evento, co que pretende dar a coñecer este produto e afondar na cultura da cervexa.
Bubela (Lugo), Skynet (Ourense), A Cova da Serpe (Lugo), Belecker (Ponferrada), Aloumiña (Lugo), The One Beer (Madrid), Castreña (León) ou as locais Misterio Brewing e Xistral (ambas de Viveiro) son algunhas das marcas que estarán presentes no festival.
Nesta segunda edición do Beer-Veiro Fest habilitaranse stands nos Xardíns Noriega Varela para poder degustar as diferentes variedades. A entrada á feira é gratuíta, pero para consumir haberá que mercar o vaso conmemorativo, no que se servirán as cervexas.
O Beer-Veiro Fest é un festival de carácter familiar, que ten como obxectivo fusionar a cervexa artesá coa comida de rúa e unha ampla programación de música, obradoiros infantís ou concursos. Tamén haberá xogos populares de madeira para os máis pequenos, como a rá, pica peixe ou a chave.
O festival inaugurarase o xoves, a partir das 18.00 horas, e pechará o domingo, ás 23.00. Ao longo dos catro días actuarán grupos como Skintight, Far Away Place, Punta Norte e Crooner 432.
PROGRAMA COMPLETO
Xoves, 1 de agosto
18.00- Inauguración do festival
18.30- Apertura da zona de xogos populares
22.00- Concerto do grupo SKINTIGHT
00.00- Peche do festival
Venres, 2 de agosto
12.00- Apertura do festival
12.30-Apertura da zona de xogos populares
20.45- Concerto a cargo do grupo de música FAR AWAY PLACE
00.30- Peche do festival
Sábado, 3 de agosto
12.00- Apertura do festival
12.30- Apertura da zona de xogos populares
19.00- Obradoiro para nenos/as de elaboración de batidos a cargo de EUREKA KIDS
23.30- Concerto a cargo do grupo de música PUNTA NORTE
00.30- Peche do festival
Domingo, 4 de agosto
12.00- Apertura do festival
12.30- Apertura da zona de xogos populares
13.00- Sesión BEER-MU Dj Popy García (Tropical Boyz)
19.00- Obradoiro para nenos de cociña a cargo de EUREKA RESUKIDS
21.30- Concerto a cargo do grupo de música CROONER 432
22.30- Concurso da mellor etiqueta do festiva
22.35- Concurso da mellor cervexa do festival
22.40- Concurso do mellor foodtruck do festival
23.00- Entrega de premios aos cervexeiros
23.00- Clausura do festival