A Xunta rexeita cubrir á pediatra de Barreiros, Mondoñedo e Lourenzá

O Concello barreirense critica que "700 nenos" carecen de atención especializada e o Sergas sostén que "os médicos de familia están capacitados"

Imaxe dun centro de saúde do Sergas. AXM

“MÁIS DE 700 CRIANZAS” SEN ESPECIALISTA

A alcaldesa, a nacionalista Ana Ermida, fixera fincapé en que se en condicións normais o servizo de pediatría, compartido con Lourenzá e Mondoñedo, atende sobre “250 nenos”, nestes meses de verán, en concreto en agosto, “por riba das 700 crianzas” poderían quedar sen recibir atención neste centro de saúde.

REFORZO A MEDIA XORNADA

Segundo expuxo o Servizo Galego de Saúde (Sergas) a través dun comunicado de prensa, o centro de saúde de Barreiros “ten habitualmente unha dotación de tres médicos de familia e dun pediatra, todos eles con cupos de tarxetas sanitarias por debaixo da media”. En verán, sostén o Sergas, “debido ao aumento da poboación vacacional,  increméntase esta dotación co reforzo dun médico de familia a media xornada; medio día está en Barreiros e o outro medio en Ribadeo“.

“NUNCA SE CUBRIRON AS VACACIÓNS”

No referido á atención pediátrica, Barreiros conta cunha pediatra dous días á semana para atender a  unha poboación “de menos de 300 nenos”, compartida con Mondoñedo (onde está outros dous días) e con Lourenzá (un día). “Nunca se cubriu a praza da pediatra durante as súas vacacións“, recoñece o Sergas, que argumenta que “os rapaces están perfectamente atendidos cos médicos de familia, totalmente capacitados para atender aos menores de 14 anos. No caso de existir algunha urxencia, a atención pediátrica estaría reforzada polos pediatras dos concellos limítrofes e tamén polo servizo de pediatría do Hospital Público da Mariña“.

“PROBLEMA EN TODA ESPAÑA”

A Xunta escúdase en que “a escaseza de pediatras é un problema común en toda España. En consecuencia existen dificultades na contratación de pediatras substitutos xa que non hai profesionais en paro nesta especialidade”, conclúe.

2 COMMENTS

  1. Decreta feixoo ooó a desaparición mundial da Pediatría, empezando xa nas proximidades da Mariña, dado que os doutores de mediciña xeral están capacitados para atender bebés e crianzas.
    Anúnciase da súa man un outro grande aforro en medios e financiamento, polo que ben posible há ser que sexa nomeado para nobel de economía sustentada.
    Tremendo…quedamos.!!

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here